LLORENS


A traballar este pintor nos imos adicar na 
Escola de VIXOI



No marco do proxecto de arte que levamos a cabo do CRA de Bergondo, estamos xa a traballar en torno á figura do pintor Francisco Lloréns. 

 
Contamos coa aportación da profe Dolores que coñece moi ben a vida deste pintor, pois foi moi amiga da súa filla Eva Lloréns. Facilitounos varios libros con reproduccións das obras  de Francisco Lloréns,  troúxonos o xarro que  pintou nun dos seus cadros para que poidéramos velo e tocalo e uns pinceis que pertenceron á filla do artista, tamén pintora. ¡Foi unha experiencia do máis interesante!







Retrato de Eva Lloréns, filla do pintor  (1924) 

Coas obras de Lloréns apreciamos o valor da nosa contorna, pois o artista pintou moitos cadros desta zona : a praia de Gandarío, rúas de Betanzos, a praia de Sada... 



 A ría de Sada desde Sada de Arriba (1941)

 Praia de Gandarío (1942)

Mañá de agosto nas Mariñas 

Valoramos a representación de lugares e obxectos reais e animámonos a debuxar un dos cadros de Lloréns, o bodegón de flores con froitas.

             
Bodegón, flores con froitas (1922)