domingo, 9 de noviembre de 2014

Arte polo mundo...ESCULTURAS a carón do MAR. Benvid@ a A CORUÑA

Estamos en A CORUÑA, ao pe da TORRE de HÉRCULES,
 nun lugar máxico onde baten ondas e ventos...
E é na beira da torre e na beira do mar onde se creou o
PARQUE ESCULTÓRICO que adorna a cidade herculina.
Ten dezaoito esculturas doutros tantos artistas.Todas teñen relación coa historia da Torre, de A CORUÑA o de Hércules.
 Queres coñecelas??
 Unha das esculturas máis importantes para os navegantes ao longo da historia é a ROSA dos VENTOS, ROSA DE LOS VIENTOS, ROSA NÁUTICA ou COMPASS ROSE.
 É un círculo que nos amosa onde están os puntos cardinais: Norte, Sur, Leste e Oeste e que nos axuda a atopar a dirección cara onde ir.
ROSA dos VENTOS que está en  A CORUÑA está realizada por un artista coruñés moi famoso que se chama Xabier Correa Corredoira.
Simboliza as seis nacións celtas, ademáis de Galicia e Tartesos, a cidade de onde era oriundo XERIÓN; cuxa cabeza, segundo a lenda, descansa ao pe da Torre. 
Podes vela case que en directo grazas a rottodigital
Preme na imaxe
Queres saber que son os símbolos que están nesta rosa?

O TRÉBOL: é o símbolo de IRLANDA, Ireland ou EIRE como lle chaman en irlandés.
A CRUZ NEGRA ou Kroaz du: é o símbolo de BRETAÑA, que é unha rexión de Francia á que lle chaman BRETAZN.
SERPE ALADA :simboliza GALES, WALES ou CYMRU como eles lle din.
TRISQUELIÓN simboliza a ILLA DE MANN, ISLE OF MANN, ELLA VANNIN ou MANNIN como se di en manés.

CARDO é a planta nacional de ESCOCIA, SCOTLAND ou ALBA como lle din en escocés.
Esta especie de CALIZ pertence a CORNUALLES, CORNWALL ou  KERNOW dito en córnico.

A  CAVEIRA simboliza a TARTESOS ou Tarsis, de onde era nado XERIÓN, o xigante que matara Hércules e que está enterrado na base da TORRE de Hércules.
VIEIRA é o símbolo escollido para representar Galicia. Representa o Camiño de Santiago, aos peregrinos e a todo o pobo galego.

Para saber un poquiño máis sobre a ROSA dos VENTOS fixemos esta pequena ficha explicativa onde atoparás a que corresponde cada lugar. Se queres podes imprimila e coloreala.

A Rosa dos ventos usábase polos navegantes como parte da AGULLA NÁUTICA ou
AGULLA de MAREAR 
(seguro que lle escoitaras esta expresión a alguén algunha vez). 
Esta agulla leva unha rosa (círculo graduado) e varios imanes e sirve para facer seguir ao barco o rumbo preciso dun punto a outro.
Para que funcione correctamente debe ir metida dentro dun armario moi seguro que manteña a súa posición horizontal aínda que se mova o barco. É o armario de Bitácora
Como era tan segurísimo os capitáns gardaban o seu caderno especial con todas as anotacions do día a día do barco, o chamado CADERNO de BITÁCORA.
A nos encantaríanos ter un na aula, pero precisaríamos que nolo dera un capitán de verdade, para poñer o noso nome, a nosa cara...e anotar os datos da nosa viaxe.
Quen sabe, igual ata temos sorte...

Mais aínda non partimos así que imos percorrer un pouquiño máis das esculturas desta cidade.
Preto deste parque escultórico atópase a CASA DOS PEIXES e nela o peixe máis chulo que podes observar nunha cidade: o PEIXE SERRA DE DÚAS COLAS de JORGE PETEIRO.
Deles xa falaramos no blogue "OMUNDOENTEIRO: O mar enteiro"


Esta é a nosa versión.

 A convertimos nun crebacabezas para que poidas xogar con el, anímaste? Preme na imaxe entón.
Agora se queres o que queres é pintalo antes debes imprimilo!!
Podes ver que  PETEIRO era un pintor do máis alegre e colorista, o seu xeito de ver A CORUÑA fixo que os demáis a viran doutra maneira aínda máis positiva.
Olla qué bonitas obras nos deixou sobre A CORUÑA, GALICIA e O MUNDO. Se premes na imaxe verás unha pequena galería das súas obras.

Na páxina web de PETEIRO aparecen tamén moitas das súas produccións artísticas. Nos escollemos unha moi especial, unha das moitas que fixo de A CORUÑA. Eleximos esta vista da cidade para traballar con ela. 
Agora a podes imprimir en blanco e negro para pintala. Como ti queiras, como o modelo ou como gustes. De calquera xeito vai quedar bonita, verdade?
Igual a preferes como ficha para conservar os datos




A este artista lle gustaba moitísimo o mar e os seus animáis. Ésta é unha composición dalgunhas das súas obras de mar: peixes, golfiños, camaróns...


Aquí podedes ver ao propio PETEIRO con ese golfiño da exposición.
Pero non so os golfiños ocuparon o seu tempo:
olla as variacións de camaróns que pintou:
Anímaste ti a facer un crebacabeas de 12 pezas con eles?
Preme nas imaxes.
Antes de nos ir, lembra que aínda non rematamos a visita polas esculturas da cidade: un curmán do polbo Cristovo, o Millenium, e algunha obra de arte máis agardan por nós.
Pintores de aquí como Seoane, Urbano Lugrís;
 ou de fora como Manrique, Escher ou Chagal nos esperan para acompañarnos na nosa viaxe.
Agardámoste a ti tamén, Grumete!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario