lunes, 11 de noviembre de 2013

ARTE POLO MUNDO. Xapón de papel... Parada e fonda.

No XAPÓN quedamos una anaquiño, que aínda hai moita ARTE que ver. 
Desta volta imos falar dunha arte menor: O ORIGAMI ou PAPIROFLEXIA.

Preme no crebacabezas, só son 4 peciñas de nada!!

Xa sabemos o que é o ORIGAMI?  
É uha arte xaponesa que consiste en dobrar e plegar os papéis sin usar trebello ningún e facer con eles figuras de formas variadísimas.




Queres ver verdadeiras obras maestras de ORIGAMI  Olla este vídeo...


A Asociación Española de PAPIROFLEXIA ten unha páxina moi chula con moitos esquemas para facer figuriñas.


 Como estas...

Os especialistas do todos os países consultan esta outra páxina tamén...a do CLUB ORIGAMI.


Tamén se poden contar contos coas figuriñas de ORIGAMI  como este tan chulo de 
"O REI que perdeu a COROA"


Agora de seguro que estás moi seguro do que é esta arte. Pois imos a xogar un pouquiño con estas novidades: 
Para imprimir e facer con papel:

Para velo amodiño online
Para ver uns modelos chulísimos. 
Está en inglés pero vese moi ben como o fan.

Unha pouquiña acción nos viría estupendo, nonsí?
Suaviño primeiro con este fabricador de figuriñas de papel. A ver cantos niveis es quen de pasar. Dobra con sentidiño que hai moito que pensar.



Pois adiante con este animal de origami que ten que salvar moitas dificultades e plataformas... 
Non vai ser doado

Cans@ de tanto saltar? Pois aínda che queda convertirte nunha campiona ou nun campión de esquí no mundo ORIGAMI
Anímaste a probar??

Acouga un anaquiño, agora que xa eres expert@ no ORIGAMIA Que tal se fas un decoradísimo e logo o imprimes?
 Sigue as instruccións deste xogo. O chaman oráculo, pero ten máis nomes como comecocos.


Pásao ben!!