lunes, 21 de octubre de 2013

ARTE POLO MUNDO. Xapón do Sol Nacente... Sétima parada.

XAPÓN é un adorable país oriental cheo de Arte. Creador de moitas das artes menores que agora todos coñecemos e practicamos. 
É un país doado de querer:

Xa sabes, preme na imaxe e farás o crebacabezas.

              XAPÓN, capítulo 1
Compre sinalar dous MUSEOS moi completiños que teñen no país do Sol Nacente:
Un MUSEO como os que adoitamos ver noutros lares e polo que poderás pasear premendo na imaxe; o MUSEO NACIONAL DE TOKIO:


Outro MUSEO moi especial é o 
MUSEO ADACHI, 
que non é só un museo de pintura, senon que o é tamén de PAISAXISMO:
O seus xardíns tamén son obras de arte. 
Podes pasar a velos premendo na imaxe:


Aproveitando este recurso que atopamos na rede, feito por cativas de Colombia neste mesmo ano, contámosche un pouquichiño máis polo miúdo algunha cousa del...



Nos museos adoitan expoñer obras moi famosas, de seguro que se te fixaches ben, viches unha moi xeitosa no museo de TOKIO. Un dos artistas máis famosos do XAPÓN foi 
Katsushika HOKUSAI. E...
A que che soa esta onda???

Este artista xaponés lle adicou moitísimos debuxos e grabados ao Monte Fuji, que de seguro que lembras da entrada de O MUNDO ENTEIRO.
Esta ilustración tan divertida do monte Fuji é de David Garrido, 
podes entrar no seu blogue premendo nela.

Agora que xa coñeces o FUJI  debuxe que o debuxe, intenta atopar o "Montes Fujis" que debuxou Katsushika HOKUSAIA ver se os atopas toooodos:


Atopáchelos?
Agora, despois de tanta atención necesitamos facer unha paradiña. 

Que tal se o facemos no Castelo HIMEJI?? 


É un castelo moi distinto aos que xa vimos, ten unha vistas marabillosas dende a súa torre máis alta... Non te me marees!!


Que che parece se nesta visita imos cuns amigos dos que gostamos moito? 
Sí, son eles, os Little Einsteins.



             
            XAPÓN, capítulo 2



        Que máis ARTES atopamos no  XAPÓN ?             Pois  unha que de seguro che ha encantar:
        a ARTE de contar contos: o KAMISHIBAI


KAMISHIBAI é un xeito de contar contos moi especial e antigo. Basease nun teatrillo no que pasan as láminas que o contacontos nos vai contar. Kamishibai significa "teatro" de papel. Todo comezou nos vellos tempos cos anciáns do XAPÓN contándolle aos pequenos historias. 


Se premes na imaxe podes facer o crebacabezas de Pepe Cabana Kojachi

Por todo o mundo existen agora contadores de historias de Kamishibai un moi coñecido é este ilustrador e contacontos:
Pronto no blogue da Biblioteca imos ver o noso propio Kamishibai feito de xeito colaborativo por todos @s nen@s do CRA.
 Como adianto esta actuación de Pepe Cabana