lunes, 22 de abril de 2013

ARTE POLO MUNDO...Exipto misterioso. Quinta parada.

EXIPTO é un dos paises máis apaixoantes do mundo. 
Nas súas areas hai misterios soterrados e animais apaixoantes. 
¿ Damos unha volta por este inquedante país?

Xa sabes, preme na imaxe para facer o crebacabezas...
En EXIPTO teñen un Museo moi importante, que está na capital do país: O CAIRO. 


Se premes na imaxe verás que aparece unha visita virtual. 
Cada lunariño vermello lévate por unha sala do museo.
Pertencen á páxina  http://www.egiptoaldescubierto.com/

 No  EXIPTO Antigo adorábanse a unha chea de deuses con aspectos moi curiosos, moitos deles con partes de animais..
Se queres saber máis deles verás qué documento máis sinxeliño e claro para aprender un pouquiño. 

Dioses egipcios from alnugar

Se che apetece colorear a ISIS non dubides facer clic na imaxe e irás á páxina...



Claro que podes facer moito máis  EXIPTO  PINTUREIRO neste poster interactivo:


Xa sabes que lle podes dar ao cadrado pequeniño de arriba á dereita para facer o poster máis grande. Ou baixo a palabra GLOGSTER no VIEW FULL SIZE.

O que tivo verdadeiros problemas cos deuses foi un amigo da tele que de seguro coñeces: Martín. Nesta volta o Museo vaille enseñar moitas cousas máis das que pensaba...




Esa non é a única película de exipcios que sería estupendo que vises; No "séptimo arte", que é o cine, hai unha chea de películas sobre o tema.  
Nós decantámonos por facer unha recopilación das series de debuxos máis axeitadas para ti...
Algunha de seguro que xa a coñeces...


Se con tanto EXIPTO Antigo che están entrando ganas de te disfrazar de EXIPCI@, preme nesta imaxe que che levará a unha páxina onde che amosarán cómo facelo de xeito doado:


Agora que xa sabes taaaanto deste país
¿Anímaste a xogar antes de saires desta entrada?
Seguro que sí, e non esquezas buscar máis xogos, animais e sorpresas no blogue de TICs e información no de O MUNDO ENTEIRO.


¡¡Ma´a ElSalama!!