lunes, 4 de marzo de 2013

ARTE POLO MUNDO...Alemaña é moito conto. Cuarta Parada

ALEMAÑA ten moito conto, de tod@s é sabido. 
Para amosalo creamos este mapa con algúns dos contos máis coñecidos dos que recolleron os irmáns GRIMM.
Xa sabes que se fas clic na imaxe podes resolver o puzzle

 En ALEMAÑA hai moitos museos nos que poder admirar obras de pintores, escultores, ceramistas... No propio BERLIN, capital do pais,
 está o ANTIGUO MUSEO ESTATAL de BERLIN
Se fas clic na imaxe podes navegar por él grazas ao Google Art Proyect


Máis non só hai  Museos de Arte en ALEMAÑA
tamén temos museos de culturas e civilizacións antigas.
No Norte do país xermano podemos atopar un Museo moi especial:



É a antiga cidade de HEDEBY


E agora é un MUSEO VIKINGO, o MUSEO HAITHABU de Historia Vikinga
¿a que apetece visitalo? 
Pois preme nas imaxes e verás...


¿Quen foron os vikingos
Pois eran xentes mariñeiras e guerreiras do norte de europa que viviron fai moitíiiiisimos anos. Aínda que os máis famosos son os vikingos Noruegos, Suecos e Daneses os alemáns tamén formaron parte disa cultura tan antiga.


De novo grazas a miniaturas Ramirez por nos  prestar este vikingo baseado nun debuxo de E. Vegas, como non.
Adoraban uns deuses moi guerreiros, os deuses nórdicos como THOR, que usaba un martelo terrible.
¿Non che soa? 
Este debuxo é de Enrique Vegas.


De seguro que coñeces cousas desta cultura a través do máis famoso deles...


É VICKIE o vikingo. 
Por se non che soa, olla este capítulo da súa serie premendo na imaxe animada:



Os barcos dos vikingos chamábanse DRAKKAR e eran moi lixeiros..



Viaxaron por mares moi bravos e loitaron contra inimigos arrepiantes...máis ou menos


Pero tamen tiñan tempo de lecer, ou eso imaxinamos...


Un alemán que fixo moito pola lembranza dos VIKINGOS foi Richard WAGNER


WAGNER
 foi amigo do rey LUIS II, o que construíu o castelo de NEUSCHWAINSTEIN en Alemaña. ¿Lémbralo? 



Pois no Castelo hai salas adicadas á obra de WAGNER
  decoradas con algunhas das súas óbras. Unha das máis famosas é a Cabalgata das Walkirias, que sae e moooitas pelis de debuxos. 
Nos che propoñemos ver aquí unha versión propia...



Antes de saires do blogue de seguro que te apetece xogar,¿non si?
Pois aquí quedan catro xogos moi divertidos baseados na cultura vikinga: 

Ser un verdadeiro VIKINGO 
non é sinxelo.
 Axuda a esta rapaciña a conseguilo.


Vestir á moza Vikinga
está doado



Conquistar o castelo dos teus inimigos
é cuestión de puntería

Axudar a rescatar aos teus compañeiros
é o máis dificil. Ánimo.