lunes, 30 de abril de 2012

DE CONCERTO POLO MUSEO

Fai días que non se pasaban polo blogue os nosos presentadores oficiais. 
Velaí tedes a Bergondiña de volta disposta a nos contar novas moi especiais...


(Se queres facer o seu  crebacabezas pulsa sobre a imaxe)

Esas novas as podedes ler vos mesmos na prensa, ou coa axuda dun adulto...

 E que ao parecer fixo de reporteira para o noso blogue, vede, ademáis a quen atopou ao saíres do acontecemento...


De CONCERTO polo MUSEO
by: TICsCRA

Unha conversa dos nosos amigos sobre o concerto nos museos

   Vemos de seguido o vídeo que grabou.







Para a súa cámara posaron algunhas guapas artistas. Fixádevos nos seus instrumentos: dúas violas e un violonchelo.


A visita no MACUF deu moito de sí, aquí están algunhas das cousas que poderedes atopar se o visitades:


E que nos MUSEOS hai moitas cousas que ollar pero tamén que escoitar.
O próximo concerto para nen@s  no MACUF  é dentro de dous domingos arredor das doce. 
(Podédelo consultar premendo a palabra amarela)
É gratuíto. Ao mellor vos apetece ir velo.
Poderédelo pasar xenial.

domingo, 15 de abril de 2012

OS MUSEOS MAIS PINTUREIROS DO MUNDO

Aínda queda máis de un mes para o día dos Museos, pero no PINTUREIRO querémonos adiantar e engadir uns enlaces para os Museos de Arte máis destacados do Mundo.
Nos acompaña un bo amigo voso, versionando o Nacemento de Venus de Boticelli :





A ver qué é o que nos ten que contar:

GoAnimate.com: Visita os Museos by ticscra




Xa podes investigar os Museos do Mundo.

Se queres ver máis imaxes da versión do nacemento de Venus de Boticelli, olla este pequeno gif animado. Verás canta xente coñecida sae...e que graciosos están...


Antes de te ir de visita aos museos non te esquezas de facer o puzzle. 

preview12 piece.

lunes, 9 de abril de 2012

PRIMAVERA PINTUREIRA

A cáseque todos os pintores lles gusta a Primavera 
porque trae moitas cores da súa man.


E tamén ás nosas invitadas:

GoAnimate.com: Primavera Pintureira by ticscra
Vede qué obras máis primaverais escollemos, foi moi difícil porque hai milleiros:


De MONET, campo en primavera,




De VAN GOGH, os Xirasoles
De MERSE, o despertar da primavera


E, a máis clásica de todas elas:
PRIMAVERA de Sandro Boticelli.


O vídeo prometido é este, moi, moi primaveral, claro que sí:


¿Apetéceche un crebacabezas antes de saír? 
Pois anímate con iste moi sinxelo de tan só 12 pezas.
 É outra obra de Van Gogh, os Lirios, moi fermosa.
( A@s nen@s da Escola de Guísamo lles ha soar, teñen algúns no patio que ulen de marabilla)