domingo, 18 de noviembre de 2012

ARTE POLO MUNDO... India, segunda parada

¡Que fermoso pais imos visitar agora! É lonxano,máxico e moi especial.
A INDIA.


No puzzle da ilustradora ARIHOMA ( Arianne Hoffmann-Maniyard) poderedes ver este animal tan típico de aló.

INDIA está chea de cousas singulares, especiais, sorprendentes. Poderedes ver unha poucas no vídeo que fixemos coas fotos de 
María Barco.
 ¡¡¡Moitas grazas, María!!! Esperamos que che guste o que fixemos coa túa reportaxe...


Na Capital da INDIA, que é NOVA DELHI, hai dous MUSEOS que nos permiten visitas vituais. Anímate a visitar os museos da India dende o teu ordenador grazas ao ART PROYECT


MUSEO NACIONAL DE DELHI


GALERÍA NACIONAL DE ARTE MODERNO 
ngma



Na INDIA teñen unhas esculturas moi curiosas, algunhas de persoas, outras dos seus deuses...
Olla e pensa se son diferentes ou semellantes ás nosas:



Que chulas, ¿non si?
Pois ademáis na INDIA  como en todo o mundo hinduísta teñen un xeito de arte moi especial:
OS MANDALAS 
que de seguro viches ou fixeches algunha vez.



Son debuxos xeométricos xeralmente circulares que facilitan a concentración e a aprendizaxe.
Úsanse dende tempos moi antigos e producen unha grande sensación de relaxación ao debuxalos e/ou colorealos.
Velahí vai unha selección de mandalas para debuxar, xerar e colorear on line.

¡¡A pasalo ben coa experiencia!!