domingo, 18 de noviembre de 2012

ARTE POLO MUNDO... India, segunda parada

¡Que fermoso pais imos visitar agora! É lonxano,máxico e moi especial.
A INDIA.


No puzzle da ilustradora ARIHOMA ( Arianne Hoffmann-Maniyard) poderedes ver este animal tan típico de aló.

INDIA está chea de cousas singulares, especiais, sorprendentes. Poderedes ver unha poucas no vídeo que fixemos coas fotos de 
María Barco.
 ¡¡¡Moitas grazas, María!!! Esperamos que che guste o que fixemos coa túa reportaxe...


Na Capital da INDIA, que é NOVA DELHI, hai dous MUSEOS que nos permiten visitas vituais. Anímate a visitar os museos da India dende o teu ordenador grazas ao ART PROYECT


MUSEO NACIONAL DE DELHI


GALERÍA NACIONAL DE ARTE MODERNO 
ngma



Na INDIA teñen unhas esculturas moi curiosas, algunhas de persoas, outras dos seus deuses...
Olla e pensa se son diferentes ou semellantes ás nosas:



Que chulas, ¿non si?
Pois ademáis na INDIA  como en todo o mundo hinduísta teñen un xeito de arte moi especial:
OS MANDALAS 
que de seguro viches ou fixeches algunha vez.



Son debuxos xeométricos xeralmente circulares que facilitan a concentración e a aprendizaxe.
Úsanse dende tempos moi antigos e producen unha grande sensación de relaxación ao debuxalos e/ou colorealos.
Velahí vai unha selección de mandalas para debuxar, xerar e colorear on line.

¡¡A pasalo ben coa experiencia!!





lunes, 15 de octubre de 2012

ARTE POLO MUNDO...Francia, primeira parada.


Neste novo curso escolar o proxecto do 
CRA de Bergondo leva o Arte polo Mundo. E a nosa primeira parada é en FRANCIA.
Velahí tedes este puzzle tan gracioso e Kawaii da ilustradora Bukubuku...con cousas típicas dese país veciño.



Se queres saber máis do proxecto non esquezas visitar o novo blogue 
O MUNDO ENTEIRO




A capital de Francia é PARÍS e para os que non o coñecen aquí vai un pequeno e Pintureiro vídeo con algunhas das cousas máis rechamantes del.


En PARÍS hai moitos museos e alguns ofrécennos visitas virtuales. En Pintureiro escollimos tres para que podas visitalos "paseando".
 Se queres velos cáseque en directo fai clic na persoa pequeniña que está no enlace. 
Como esta de abaixo...


Preme nas fotos e xa podes comezar a visitar PARÍS a través dalgúns dos seus museos máis importantes: 
MUSEO D´ORSAY


MUSEO DE LORANGERIE


MUSEO DE VERSALLES


Neste outro museo tamén podes entrar pero de xeito distinto, é o 
MUSEO DO LOUVRE



Antes de marchar de Pintureiro non esquezas ver este vídeo duns ratóns de Museo. 
Viaxan a PARÍS para descobrir un misterio e axudar a unha amiga.
¡¡Desfruta da viaxe!!


Na próxima entrada o noso amigo FRANCOISE vainos a explicar algunhas cousas moi chulas sobre unha arte xenial: 
A ESCULTURA.
Non a perdas, meu!!.

jueves, 17 de mayo de 2012

Día Internacional dos MUSEOS.

¡¡Xa chegou o día Internacional dos Museos!!

Ademáis de todas as visitas que podedes facer aos museos da vosa contorna, podedes pasar un rato visitando virtualmente museos e obras de arte.


Ana,do CEIP de Belesar ,comparte connosco este symbaloo no que atoparedes decenas de recursos chulísimos para xogar, ver e aprender…

symba 1


Algúns dos 17 Museos máis importantes do mundo colaboran con Google e entre sí para formar o ARTPROYECT ao que podedes acceder por mor deste enlace:

artproyect

Para máis visitas a museos outra profe, Olga,
 de El rincón de la Maestra comparte o seu WIX de Museos de España.

artproyect museos

E en museos se atopan obras destas tres mulleres artistas, poderedes xogar cos seus deseños a aprender algo máis delas premendo no cadro.

artproyect KUSAMA artproyect austrao
yayoi kusama

Yayoi
Kusama
pip y popPIP
e
POP

Non vos esquezades de pasearos un ratiño por Ssissimonea para dar una voltiña  musical polo museo.
E aquí, na columna dereita, tedes visitas guiadas polos museos máis importantes do mundo enteiro.


¡¡
FELIZ DÍA!!

lunes, 30 de abril de 2012

DE CONCERTO POLO MUSEO

Fai días que non se pasaban polo blogue os nosos presentadores oficiais. 
Velaí tedes a Bergondiña de volta disposta a nos contar novas moi especiais...


(Se queres facer o seu  crebacabezas pulsa sobre a imaxe)

Esas novas as podedes ler vos mesmos na prensa, ou coa axuda dun adulto...

 E que ao parecer fixo de reporteira para o noso blogue, vede, ademáis a quen atopou ao saíres do acontecemento...


De CONCERTO polo MUSEO
by: TICsCRA

Unha conversa dos nosos amigos sobre o concerto nos museos

   Vemos de seguido o vídeo que grabou.







Para a súa cámara posaron algunhas guapas artistas. Fixádevos nos seus instrumentos: dúas violas e un violonchelo.


A visita no MACUF deu moito de sí, aquí están algunhas das cousas que poderedes atopar se o visitades:


E que nos MUSEOS hai moitas cousas que ollar pero tamén que escoitar.
O próximo concerto para nen@s  no MACUF  é dentro de dous domingos arredor das doce. 
(Podédelo consultar premendo a palabra amarela)
É gratuíto. Ao mellor vos apetece ir velo.
Poderédelo pasar xenial.

domingo, 15 de abril de 2012

OS MUSEOS MAIS PINTUREIROS DO MUNDO

Aínda queda máis de un mes para o día dos Museos, pero no PINTUREIRO querémonos adiantar e engadir uns enlaces para os Museos de Arte máis destacados do Mundo.
Nos acompaña un bo amigo voso, versionando o Nacemento de Venus de Boticelli :





A ver qué é o que nos ten que contar:

GoAnimate.com: Visita os Museos by ticscra




Xa podes investigar os Museos do Mundo.

Se queres ver máis imaxes da versión do nacemento de Venus de Boticelli, olla este pequeno gif animado. Verás canta xente coñecida sae...e que graciosos están...


Antes de te ir de visita aos museos non te esquezas de facer o puzzle. 

preview12 piece.

lunes, 9 de abril de 2012

PRIMAVERA PINTUREIRA

A cáseque todos os pintores lles gusta a Primavera 
porque trae moitas cores da súa man.


E tamén ás nosas invitadas:

GoAnimate.com: Primavera Pintureira by ticscra
Vede qué obras máis primaverais escollemos, foi moi difícil porque hai milleiros:


De MONET, campo en primavera,




De VAN GOGH, os Xirasoles
De MERSE, o despertar da primavera


E, a máis clásica de todas elas:
PRIMAVERA de Sandro Boticelli.


O vídeo prometido é este, moi, moi primaveral, claro que sí:


¿Apetéceche un crebacabezas antes de saír? 
Pois anímate con iste moi sinxelo de tan só 12 pezas.
 É outra obra de Van Gogh, os Lirios, moi fermosa.
( A@s nen@s da Escola de Guísamo lles ha soar, teñen algúns no patio que ulen de marabilla)

martes, 20 de marzo de 2012

BENVIDA Á PRIMAVERA

Dende este blogue PINTUREIRO, non podiamos esquecer a chegada da PRIMAVERA, por iso quixemos publicar na prensa escrita este artículo conmemorativo da data:


E agora unha pequena homenaxe a un pintor moi especial, ARCIMBOLDO.

Podedes facer o puzzle da súa famosa obra " A Primavera", feita como caseque todas as súas, con motivos vexetais.


Pódese facer arte tamén cos froitos, verduras, cereais...¿queredes velo?
Aquí tendes un puzzle que semella ser unha obra de arte da cociña actual, e tamén moi, moi rico:


¡BO PROVEITO!

domingo, 11 de marzo de 2012

BENVID@S AO BLOGUE DE ARTE DO CRA DE BERGONDO

¡¡BENVID@S AO BLOGUE DE ARTE DO CRA DE BERGONDO!!


Se queredes saber o que vai a acontecer neste blogue, so tedes que prestarlle moita atención a estes dous amigos. 
A andadura do noso blogue de Arte xa comeza...


NOVO BLOGUE DE ARTE DO CRA DE BERGONDO. OS PINTORES.
by: TICsCRA
  
E ,como aperitivo,este poster interactivo no que poderedes atopar a biografía e outras cousiñas dos pintores que imos coñecer:



¡¡Vémonos!!