domingo, 30 de noviembre de 2014

BELAS ARTES para unha BELA CIDADE…

Antes de embarcarnos na viaxe nos levará polas costas do mundo, quedaba unha visita moi importante por facer:

Ao estupendo MUSEO de BELAS ARTES de A Coruña

belas artes museo

Alí recibironnos a tod@s @s nen@s do CRA que puidemos ir, para contarnos unha chea de cousas fabulosas sobre a Pintura e o mar.
 Aquí posamos uns pouquiños coa nosa mascota Cristovo que estaba moi emocionado coa visita, e a profe Isa.
No Museo realizamos os estupendos TALLERES de 
O MAR NO MUSEO

A primeira cousa que nos encantou foron as Salas de Exposición: son preciooosas


Nesta sala azul tan mariñeira amosáronnos o primeiro cadro:

MARINA, de Jaime MORERA Y GALICIA


Resolve o crebacabezas de 6 pezas que hai tralo cadro. É un pouco difícil con tanto azul...

Contaronnos a súa historia, a dunha nena que non coñecía o mar e o foi ver un día coa súa nai...



Pero mellor será que che amosemos o conto no que se basearon no museo e que gañou o premio de ilustración do 2009, titúlase:
"A ONDA" de SUZY LEE,
unha grande ilustradora koreana da que tes máis información  premendo no nome.


Se o fas na imaxe podes resolver o crebacabezas de 6 pezas do conto. 

Din que unha imaxe vale más que mil palabras e nos pensamos que sen ten música aínda máis; as nosas dúas Artes favoritas xuntas.
 Este video que as combina está feito por OMAR G.RUBIA para a Universidade de Jaén. É un proxecto moi chulo que usa percusión de obxectos cotiáns e instrumentos de orquesta. 
E soa xenial.
¡¡Grazas por nolo prestar, Omar!!


A propia SUZY LEE dí que a liña que separa as dúas páxinas dun libro é a línea entre dous mundos: o real e o da fantasía.
¿ Queres ver cómo se pasa dun a outro neste vídeo curtiño?


ONDA, OLA, WAVE...de tantos xeitos distinto se pode dicir e debuxar.
 Nas escolas imos facelo tamén ao xeitiño noso.

Antes de cambiar de sala vimos un cadro antigo sobre o Castelo de Santo Antón:




Grazas a el aprendimos cousas sobre os asedios á cidade polos piratas e demáis invasores...cousas que fixeron sorrir a moitos .



video

O seguinte cadro é dun pintor que xa coñeciamos, pois veraneaba en Bergondo, o famoso Francisco LLORENS, do que vimos unha paisaxe xenial, tanto que semella unha foto: "COSTAS GALEGAS.Ría de Mera" 

Un crebacabezas de 6 pezas agarda por ti baixo o cadro
Aprendimos a ver o sol aínda que non estea, serás ti quen de facelo? 
 Olla no mar e verás cómo reflicte a luz...

Para aprender máis cousas sobre él que nos facilita o museo, preme AQUÍ 

Tras a pintura tan realista e enoorme de LLorens, 
 atopámonos con gran URBANO LUGRÍS, e a súa pequena grande obra "MARIÑA SURREALISTA", que é o cadro dun sono e leva ata unha ¡¡serea!!
A ver se a atopas:

Un crebacabezas de 6 pezas agardate baixo o cadro.

Queres ver cando estivo a serea connosco? 
Adiante...


Podes consultar as activides que dela prepararon no museo premendo AQUÍ

E se queres saber máis sobre ese pintor de nome tan curioso podes ver o documento que creou Aarón Gómez Borrajo e que lle collimos "prestado" para o noso blogue.


Despois desta aventura pasamos a coñecer a o alegrísimo
LUIS SEOANE que é outro dos pintores galegos famosos.
 Dous dos seus cadros sirven para crear unha historia ainda que ten moitos máis neste mesmo museo:


O primeiro cadro da historia é  AS MARISCADORAS :

Na imaxe atoparás un crebacabezas de 6 pezas.
Preme AQUÍ e atoparás o enlace para as actividades do MUSEO 

 Podedes ver na visita o ben que o pasamos con este cadro:



E ao seu carón o "SECADOIRO DE POLBOS II", que é moi divertido e curioso. Disque foron os que mancharon ás mariscadoras, mais non se sabe de certo.
 ¡Nunca víramos un polbo ao sol! Agás a Cristovo, a nosa mascota, claro está...
Bueno, e a un curmán seu, e os protagonistas dun vídeo que veremos ao final da entrada...

6 PEZAS SÓ PARA ESTE CREBACABEZAS DE POLBOS

Aínda nos quedaban cousas por ver ao baixar as escaleiras:
Unha recreación de A CORUÑA realizada por URBANO LUGRÍS en ¡¡XESO!! 
Tiveron que arrincala da casa onde a pintou, pois a fixo na propia parede. 

8 pezas ten o crebacabezas de detrás do cadro

Ollade qué enorme é


Vede qué cousas máis chulas se poden aprender do cadro premendo AQUÍ

Antes de nos ir do MUSEO queda unha escultura moi especial feita con mateiras de refugallo recollidos nas praias. Con eles fixeron unha escultura que se move e á que lle deixaron que lle puxeramos nós os nomes que queriamos, iso sí é importante, non sí?


























Se queres ver máis dos talleres visita os blogues das aulas onde, se non o fixeron xa, estarán a piques de subir as fotos e os traballiños que alí fixemos.

Foi unha visita inesquecible. Cristovo tampouco a vai a olvidar, porque puido ir saudar ao sei curmán que vive no paseo marítimo. Ah, que non o coñeces? Pois agora mesmo cho presentamos:


Está feito con TESELAS de gres, que son ese anaquiños cerámicos que xa utilizaban as antigas civilizacións. Por iso semella cambiar de cor coas distintas horas. O sol e a luz reflictense nos anaquiños brillantes.
É fabulosa.


A obra é dun escultor coruñes moi orixinal, 
Javier Padín Martínez.


Mais canto sabes ti do polbo-pulpo-octopus 
Seguro que aínda aprenderas máis vendoo neste vídeo.

 


De polbos saben moito nos museos científicos coruñeses, sobre todo na CASA DOS PEIXES, da que tanto aprendemos e que xa visitamos na anterior entrada de
O MUNDO_MAR_ENTEIRO
Deles é este vídeo tan espectacular destes animais de oito patas: 



Pero antes de irte temos un último vídeo da familia de Cristovo  que amosa tamen o lista que é, e de seguro non quererás perder.



Xa ves, na nosa viaxe polos mares do mundo partimos cunha cariñosa e intelixente compaña, aló imos,  Cristoviño.
Vaite facendo coa sua compaña con este xogos de polbos moi acelerados...



Neste terás que axudar ao polbiño a superar as probas.
 Igual precisas da axuda dun maior para pasalas, pero é ben divertido.


Sorte e vémonos na partida.

domingo, 9 de noviembre de 2014

Arte polo mundo...ESCULTURAS a carón do MAR. Benvid@ a A CORUÑA

Estamos en A CORUÑA, ao pe da TORRE de HÉRCULES,
 nun lugar máxico onde baten ondas e ventos...
E é na beira da torre e na beira do mar onde se creou o
PARQUE ESCULTÓRICO que adorna a cidade herculina.
Ten dezaoito esculturas doutros tantos artistas.Todas teñen relación coa historia da Torre, de A CORUÑA o de Hércules.
 Queres coñecelas??
 Unha das esculturas máis importantes para os navegantes ao longo da historia é a ROSA dos VENTOS, ROSA DE LOS VIENTOS, ROSA NÁUTICA ou COMPASS ROSE.
 É un círculo que nos amosa onde están os puntos cardinais: Norte, Sur, Leste e Oeste e que nos axuda a atopar a dirección cara onde ir.
ROSA dos VENTOS que está en  A CORUÑA está realizada por un artista coruñés moi famoso que se chama Xabier Correa Corredoira.
Simboliza as seis nacións celtas, ademáis de Galicia e Tartesos, a cidade de onde era oriundo XERIÓN; cuxa cabeza, segundo a lenda, descansa ao pe da Torre. 
Podes vela case que en directo grazas a rottodigital
Preme na imaxe
Queres saber que son os símbolos que están nesta rosa?

O TRÉBOL: é o símbolo de IRLANDA, Ireland ou EIRE como lle chaman en irlandés.
A CRUZ NEGRA ou Kroaz du: é o símbolo de BRETAÑA, que é unha rexión de Francia á que lle chaman BRETAZN.
SERPE ALADA :simboliza GALES, WALES ou CYMRU como eles lle din.
TRISQUELIÓN simboliza a ILLA DE MANN, ISLE OF MANN, ELLA VANNIN ou MANNIN como se di en manés.

CARDO é a planta nacional de ESCOCIA, SCOTLAND ou ALBA como lle din en escocés.
Esta especie de CALIZ pertence a CORNUALLES, CORNWALL ou  KERNOW dito en córnico.

A  CAVEIRA simboliza a TARTESOS ou Tarsis, de onde era nado XERIÓN, o xigante que matara Hércules e que está enterrado na base da TORRE de Hércules.
VIEIRA é o símbolo escollido para representar Galicia. Representa o Camiño de Santiago, aos peregrinos e a todo o pobo galego.

Para saber un poquiño máis sobre a ROSA dos VENTOS fixemos esta pequena ficha explicativa onde atoparás a que corresponde cada lugar. Se queres podes imprimila e coloreala.

A Rosa dos ventos usábase polos navegantes como parte da AGULLA NÁUTICA ou
AGULLA de MAREAR 
(seguro que lle escoitaras esta expresión a alguén algunha vez). 
Esta agulla leva unha rosa (círculo graduado) e varios imanes e sirve para facer seguir ao barco o rumbo preciso dun punto a outro.
Para que funcione correctamente debe ir metida dentro dun armario moi seguro que manteña a súa posición horizontal aínda que se mova o barco. É o armario de Bitácora
Como era tan segurísimo os capitáns gardaban o seu caderno especial con todas as anotacions do día a día do barco, o chamado CADERNO de BITÁCORA.
A nos encantaríanos ter un na aula, pero precisaríamos que nolo dera un capitán de verdade, para poñer o noso nome, a nosa cara...e anotar os datos da nosa viaxe.
Quen sabe, igual ata temos sorte...

Mais aínda non partimos así que imos percorrer un pouquiño máis das esculturas desta cidade.
Preto deste parque escultórico atópase a CASA DOS PEIXES e nela o peixe máis chulo que podes observar nunha cidade: o PEIXE SERRA DE DÚAS COLAS de JORGE PETEIRO.
Deles xa falaramos no blogue "OMUNDOENTEIRO: O mar enteiro"


Esta é a nosa versión.

 A convertimos nun crebacabezas para que poidas xogar con el, anímaste? Preme na imaxe entón.
Agora se queres o que queres é pintalo antes debes imprimilo!!
Podes ver que  PETEIRO era un pintor do máis alegre e colorista, o seu xeito de ver A CORUÑA fixo que os demáis a viran doutra maneira aínda máis positiva.
Olla qué bonitas obras nos deixou sobre A CORUÑA, GALICIA e O MUNDO. Se premes na imaxe verás unha pequena galería das súas obras.

Na páxina web de PETEIRO aparecen tamén moitas das súas produccións artísticas. Nos escollemos unha moi especial, unha das moitas que fixo de A CORUÑA. Eleximos esta vista da cidade para traballar con ela. 
Agora a podes imprimir en blanco e negro para pintala. Como ti queiras, como o modelo ou como gustes. De calquera xeito vai quedar bonita, verdade?
Igual a preferes como ficha para conservar os datos




A este artista lle gustaba moitísimo o mar e os seus animáis. Ésta é unha composición dalgunhas das súas obras de mar: peixes, golfiños, camaróns...


Aquí podedes ver ao propio PETEIRO con ese golfiño da exposición.
Pero non so os golfiños ocuparon o seu tempo:
olla as variacións de camaróns que pintou:
Anímaste ti a facer un crebacabeas de 12 pezas con eles?
Preme nas imaxes.
Antes de nos ir, lembra que aínda non rematamos a visita polas esculturas da cidade: un curmán do polbo Cristovo, o Millenium, e algunha obra de arte máis agardan por nós.
Pintores de aquí como Seoane, Urbano Lugrís;
 ou de fora como Manrique, Escher ou Chagal nos esperan para acompañarnos na nosa viaxe.
Agardámoste a ti tamén, Grumete!!